Venres. 03.05.2024
El tiempo

O alumnado do IES Terra de Soneira inaugura en primicia no Castelo o xogo virtual ‘Game of Fortes: A ameaza clerical’

EXPERIENCIA_INMERSIVA_Castelo_VIMIANZO
O alumnado do IES Terra de Soneira inaugura en primicia no Castelo o xogo virtual ‘Game of Fortes: A ameaza clerical’

O alumnado do IES Terra de Soneira inaugurou esa fin de semana, en exclusiva, o roteiro virtual interactivo ‘Game of Fortes: A ameaza clerical’, a través do cal descubriron diferentes recunchos e segredos do Castelo ao longo da historia.

Trátase dunha iniciativa desenvolta polas compañías teatrais Limiar e NegroLópez, en colaboración co Concello de Vimianzo. O proxecto foi creado ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia 2023, impulsado pola Deputación da Coruña, co obxectivo de poñer en valor, difundir e socializar o coñecemento sobre as figuras, os lugares e os momentos dunha das etapas consideradas de maior esplendor da historia galega.

Trátase dunha experiencia inmersiva en 8D (son binaural) a través da cal as persoas participantes poderán realizar un percorrido polas diferentes partes do Castelo, introducíndose nos contidos históricos máis relevantes dos séculos XIV e XV. Deste xeito, a través de diferentes códigos QR, faise un repaso polas loitas de poder entre a nobreza e o clero, a vida das clases populares e a divulgación dos mitos e as lendas que envolven este espazo cunha escoita teatralizada de todos estes feitos.

O público xeral poderá gozar desta iniciativa a partir do vindeiro mes de maio, para a cal só será preciso ter un teléfono móbil con conexión a Internet e uns cascos.

Prevención no Centro

Paralelamente, a Asociación Vieiro continúa coa súa programación preventiva dentro do ámbito escolar nos centros educativos da comarca de Bergantiños co alumnado de ESO a través dos programas de prevención de condutas adictivas: “Non pasa nada, pasa algo”, “O triángulo da saúde”, “Regularte bien” , “Mar de redes” destinado ao alumnado de 1º a 4º de ESO e “Quéreme ben” para o alumnado de 3º e 4º de ESO.

Entre os centros de educación secundaria que están a realizar estes programas están: IES Terra de Soneira de Vimianzo, CPI Plurilingüe “Cabo da Area” de Laxe e CPI de Zas.

Comentarios