Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Ampliación de 3 km da estrada Baio-Baíñas

Ampliación de 3 km da estrada Baio-Baíñas

O Concello de Vimianzo prantexa a ampliación da estrada nun tramo de 3 quilómetros entre Treos e Tines, como primeira fase dun plan plurianual. Así llo trasladaron na tarde de onte á Plataforma pola ampliación e mellora da estrada Olveiroa-Baíñas-Baio, que acolle a diferentes asociacións empresariais, veciñais e doutro tipo dos concellos de Mazaricos, Dumbría, Zas e Vimianzo.

O Concello afirmou que nestes días se reunirán cos veciños propietarios para pedirlles as cesións dos terreos necesarios. “xa tivemos contactos cos veciños e hai unha dispoñibilidade total a ceder os terreos”, dixo o tenente de alcalde Fernando Mancebo.

A ampliación deste tramo é un primeiro paso, xunto coa obra de saneamento e senda peonil de Bamiro, na mellora deste eixe viario que vertebra as comarcas de Soneira e Fisterra. É tamén a primeira fase dun plan plurianual para abordar a ampliación de toda a estrada nun prazo de catro a cinco anos. “A Xunta e a deputación pediron que os concellos se implicasen. Agora nós esperamos que Xunta e Deputación cumpran a súa palabra de colaborar”, dixo o alcalde. “Seguimos crendo que este eixe viario debe ser de titularidade autonómica”, remarcou o alcalde, “como ten demandado a Plataforma e acordado varias veces o Pleno por unanimidade dos grupos políticos”.
Con esta fase chegariamos a catro quilómetros de vía ampliada e mellorada, sumando o tramo urbanizado de Tines e de Bamiro, preto da terceira parte da vía.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios