luns. 11.11.2024
El tiempo

Antelo pregúntalle a Feijoo polo treito sur da Autovía

Antelo pregúntalle a Feijoo polo treito sur da Autovía
As obras do treito sur da Autovia Costa da Morte en Berdoias As obras de desmonte do treito sur da Autovia Costa da Morte chegan ata Berdoias, Vimianzo

Foi un dos poucos alcaldes que non foi ao número de inauguración do treito norte da Autovía. Pero Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo, mándalle unha pragunta a través dos medios, pedíndolle explicacións sobre as obras inacabadas da autovía.

As obras de explanación por todo o Concello de Vimianzo, ata Berdoias, levan feitas dende hai máis de 4 anos, ausando un grande impacto á paisaxe e ao territorio. Pero ese treito de 15 km entre Baio e Berdoias segue no esquecemento, se ben este pasado venres, durante a inauguración, Feijoo aseguraba que “este mesmo ano está prevista a contratación deste proxecto constructivo”. Ata aí leu o presidente da Xunta, sen dar prazos.

O alcalde é crítico cunha Xunta de Galicia que promove leis urbanísticas que castigan as edificacións non rematadas e se concede privilexios a si mesma mantendo durante 4 anos e “sine die” un tramo de 15 quilómetros sen rematar. Recorda Antelo que “a autovía, xa comprometida co goberno do bipartito, leva máis de 10 anos de atraso e a este ritmo de traballo non se rematará co prometido en 10 anos máis”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios