Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Aos montes de Milleira e Gorreis crécelles o pelo

Aos montes de Milleira e Gorreis crécelles o pelo
Vecinos de Carantona afectados polos montes de Milleira e Gorreis

Pois nada, a Consellaría de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia denegou a petición das propietarias e propietarios dos montes de Gorreis e de Milleira para a corta de árbores destinadas ao consumo doméstico. Deste xeito, seguirá medrándolle o pelo aos montes, e os veciños, propietarios lexítimos, sen os seus cartos.

Este é un conflito que leva décadas enquistado e ao que lle hai que dar unha solución. Neste sentido o vindeiro sábado 29 reuniráse o Pleno do Concello para tratar, entre outros asuntos, a devolución dos montes de Milleira e Gorreis aos seus lexítimos propietarios.

O Concello, ao abeiro da nova Lei de montes, pedirá a cancelación dos consorcios destes montes e a súa exclusión do Catálogo de utilidade pública. Esta é unha vía legal e a única que pode solucionar este conflito, se temos en conta que o alcalde e a Corporación Municipal de Vimianzo recoñece as reivindicacións dos lexítimos propietarios.

O alcalde, Manuel Antelo, lamenta que a Xunta de Galicia dirixira áos propietarios por un camiño ao que agora lle corta a saída, aprobeitándose da súa boa fe e da do Concello. Neste sentido veñen de non admitir a reclamación de propiedade previa á vía xudixial que a propia Xunta de Galicia indicou como solución para este problema.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios