Arde un vehículo en Berdoias

21:41 23/09/22
Pouco despois das 22:40 horas da pasada noite, o 112 recibía un aviso sobre un vehículo que ardía na estrada CP-9202, concretamente no lugar de A Bouza, na parroquia vimiancesa de Berdoias. Ata alí desprazouse un equipo da unidade de Bombeiros de Cee que se encargaron de sofocar as chamas do coche, que ardeu por completo. O incendio afectou tamén á zona de monte a ambos lados da estrada, ata onde se propagou o lume.
Para a extinción, empregáronse 3.500 litros de auga e, unha vez retirado o vehículo, os bombeiros limparon a vía. Ata alí desprazouse tamén a Garda Civil de Camariñas e membros de Protección Civil de Vimianzo.