Sábado. 05.10.2024
El tiempo

As Empresas da Costa caen na rede

As Empresas da Costa caen na rede
A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu a presentación de Empresas da Costa

O Proxecto Empresas da Costa, artellado por 4 marcas referencia na internet na Costa da Morte, Galinus, Abertal, Quepasanacosta e Finisterrae, xa está en marcha. Podedes consultar xa a web www.empresasdacosta.com e botar un ollo ao que será un dinamizador Directorio Empresarial, e moito máis.

Así o explicaron onte, na presentación oficial do proxecto, Manuel Pan e Daniel Cerqueiro, xerentes das empresas carballesa e corcubionesa, celebrada na Casa da Cultura de Vimianzo. Uns 20 empresarios de toda a zona, dende Carballo ata Dumbría, escoitaron esta nova proposta para que non quede unha soa empresa na Costa da Morte sen ter presencia na rede.

Manuel Pan e Dani Cerqueiro presentando o proxecto Empresas da Costa

Que é Empresas da Costa?

O proxecto “empresasdacosta.com” ten como principal finalidade "convertirse no community manager de todas as pequenas e medianas empresas da Costa", como explicaba Pan. I é que "detrás hai dúas empresas que xa levamos moitos anos no sector, cun equipo moi preparado",

Tras repasar a necesidade de estar na rede para desenvolverse tanto global, como localmente (a experiencia e a comunidade QPC é un dos potenciais diferenciadores do proxecto pola súa dinamización), Daniel Cerqueiro incidiu da necesidade, actual, de levar a cabo este proxecto. E destacou o feito de que sexan dúas empresas da zona, en colaboración, as que o desenvolvan.

Que ofrece Empresas da Costa?

Empresas da Costa ofrecerá un servizo de asesoramento individual a cada empresa para unha correcta incursión na rede. Abranguirá todo tipo de necesidades e dende 50€ xa se poderá comezar a traballar. A partir de aí, ata onde se queira, pasando por fichas ampliadas, microwebs, creación de webs algo máis traballadas, ou un dinamizador sistema de cupóns, unha das grandes potencialidades deste proxecto.

E todo, a un prezo lowcost, que mesmo pode competir co "fillo do veciño, que sei que me fai a web por dous duros". Pero aquí, co asesoramento deverdadeiros profesionais.

Iniciativa puramente empresarial

Foi o presidente da FECOM José Gabín quen pechou o acto. Un Gabín que valorou esta iniciativa empresarial, que escapa de toda clase de subvención, e que busca a dinamización do tecido empresarial da Costa da Morte dende a Costa da Morte e a través da meirande ferramenta existente: a rede.

Máis información

Fonte


Comentarios