mércores. 16.07.2025
El tiempo

A Asociación de Astroturismo da Costa da Morte estréase cunha Observación Astronómica

Asociacion Astroturismo Costa da Morte Observacion
A Asociación de Astroturismo da Costa da Morte estréase cunha Observación Astronómica

Falta menos para a posta de longo da nova Asociación de Astroturismo da Costa da Morte creada polos profesionais formados os primieiros cursos Starlight. O vindeiro mércores 23 de xullo, a Casa da Cultura de Vimianzo acollerá a presentación desta nova asociación profesional que pretende coller o relevo do traballo feito polas administracións para a colocación da nosa comarca como xeodestino de astroturismo.

Hoxe queren resaltar que ademais da presentación xa van realizar a primeira actividade, como actividade, unha observación astronómica no Miradoiro Furna de Sapo en Cereixo, na que nos acompañará o Juan Vicente Ledesma, Coordinador da Área de Formación, Educación e Divulgación da Fundación Starlight.

Para asistir a esta actividade é preciso inscribirse no formulario.

Comentarios