mércores. 14.05.2025
El tiempo

Asociacións e grupos da Terra de Soneira invitados a participar no desfile das Irmandades Parroquiais do Asalto ao Castelo

Asociacións e grupos da Terra de Soneira invitados a participar no desfile das Irmandades Parroquiais do Asalto ao Castelo
irmandades-parroquiais-asalto-castelo No desfile poden participar grupos e asociacións dos concellos de Vimianzo, Zas, Camariñas, Laxe e Cabana de Bergantiños Un ano máis, a veciñanza da Terra de Soneira está chamada a participar na festa do desfile das Irmandades Parroquiais que, como vén sendo habitual, se inclúe dentro da programación do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Os únicos requisitos son ir vestidos e ter ganas de pasalo ben. Esta será a cuarta edición dun desfile que comezou sendo unha reunión de parroquias do concello e que o ano pasado transcendía as fronteiras municipais para reunir na festa ás freguesías da histórica Terra de Soneira. O resultado foi moi positivo coa reunión na praza do concello de máis dunha ducia de grupos soneiráns diferentes. Desta forma preténdese reivindicar que o Asalto é unha festa de toda a comarca na que dunha ou outra maneira xa está a colaborar xente destes lugares en moitos aspectos. Para participar, o primeiro é ter un grupo de persoas, sexa por medio dunha asociación ou por libre - mínimo cinco individuos -, e representar a algunha parroquia dos concellos de Vimianzo, Zas, Camariñas, Laxe ou Cabana. Unha vez confirmado o grupo hai que poñerse en contacto coa asociación do Asalto ao Castelo, ben a través das redes sociais, correo electrónico info@asaltoaocastelo.org ou do teléfono 669735349. Convócase ademais unha reunión informativa sobre este asunto o venres 5 de maio ás 21:30 horas no centro social de Vimianzo, situado ao lado da praza da Igrexa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Asalto ao Castelo

Comentarios