Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O bádminton invade o IES Terra de Soneira

Badminto no IES Terra de Soneira
O bádminton invade o IES Terra de Soneira

É un verdadeiro misterio pr que o bádminton é un dos deportes máis practicados nos centros de ensino do país pero ten unha das presencias máis pequenas en canto á competicións se refire. O IES Terra de Soneira é un deses centros nos que o profesorado se esforza para que o alumnado proben deportes diferentes aos “abc”. “E a verdade é que o bádminto lles gusta bastante”, explica o mestre de Educación Física do centro soneirán, Antón Vázquez. “Nos recreos montamos 6 pistas e énchense, con partidos de dobles”, relata.

”O bádminton é un deporte que practican igualmente chicos e chicas, e ademais nestes tempos de covid serve para manter as distancias”, explica.

Tanto adestrar (ademais dos recreos son moitos os anotados aos adestramentos dunha tarde á semana cun entrenador específico) que tamén hai competicións internas. De feito, a pasada semana fixeron un torneo interno no que participaron 25 alumn@s. Os gañadores foron Valentín Martínez e Isaac Varela, que vemos aquí.

Valentín Martínez e Isaac varela  do IES Terra de Soneira

Tamén foron a participar a un campionato Xogade na Serra de Outes.

Comentarios