venres. 23.05.2025
El tiempo

Baíñas reivindica o seu Camiño de Santiago coa proxección dun documental

Bainas No Camino
Baíñas reivindica o seu Camiño de Santiago coa proxección dun documental

A renovada xunta directiva da asociación cultural Baíñas no Camiño organiza un acto este sábado 24 de maio ás 20.00 no centro sociocultural de Baíñas.

A asociación presidida por Josefina Fernández presenta ante a súa parroquia o documental “Camiño Xacobeo. De Santiago a Muxía por Brandomil” que transita por esta nova ruta xacobea, en proceso de oficialización, e fai unha parada destacada en Baíñas para poñer en valor o seu rico patrimonio.
Trátase dunha peza audiovisual de 70 minutos de duración, producida pola Fundación Brandomil e dirixida por Manuel Rial, que xa foi presentada no Museo do Pobo Galego e no Teatro Colón da Coruña.

Baíñas no Camiño aproveitará para proxectar imaxes antigas da localidade, recuperadas recentemente, e comentar a actualidade da asociación. Informará sobre a Vía Mariana Luso-Galaica, que tamén pasa por este treito, e sobre unha andaina prevista para a semana seguinte.

Comentarios