Venres. 26.04.2024
El tiempo

BNG e AV demandan a transferencia da titularidade de Parque Empresarial de Vimianzo á Xunta

PARQUE EMPRESARIAL VIMIANZO II-BNG Adiante Vim
BNG e AV demandan a transferencia da titularidade de Parque Empresarial de Vimianzo á Xunta

Realizaban onte unha rolda de prensa os grupos do BNG e Adiante Vimianzo no seu primeiro achegamento en anos, para reclamar a transferencia da titularidade do Parque Empresarial de Vimianzo á Xunta. De feito, Néstor Rego, e o deputado no Parlamento de Galiza, Daniel Pérez, levaron o asunto ao congreso para rematar coas discrepancias e diferenza de criterios entre a Administración galega e estatal e “pór en marcha o desenvolvemento social e económico de Vimianzo” a través da instalación do parque empresarial de empresas –locais e da zona- que favorezan a xeración de emprego.

O Polígono a día de hoxe xestiónase entre a Xunta (a través do SEPES e Xestur) e o Ministerio (a través de SEA), pero os grupos consideran que “non está cumprindo os obxectivos que se marcaran no seu día posto que o crecemento e a dotación de servizos do parque é moito máis lenta do desexábel”.

O exemplo mais cláro é a discrepancia no acceso á Autovía, que leva provocando o seu retraso durante máis de 2 anos:

Avoceira municipal de Adiante Vimianzo, Marta Rei, sinalou que “o parque empresarial está situado nunha posición estratéxica dentro da comarca da Costa da Morte e a 40 minutos da Coruña, co que pode ser atraínte para empresas non só do ámbito local senón para empresas da zona” destaca Rei. “Se de verdade se quere apostar polo rural, o futuro económico de Vimianzo pasa polo parque empresarial. A día de hoxe só hai tres empresas instaladas e nos últimos anos non houbo ningunha empresa nova que se instalara no parque, a pesar de contar cun goberno municipal socialista e cun goberno estatal tamén socialista” afirma a voceira, Marta Rei.

Participaron no acto, ademais dos deputados do BNG no Congreso e no Parlamento de Galiza, na presentación das iniciativas estiveron o responsábel comarcal do BNG na Costa da Morte, Xurxo Rodríguez Baña, os membros do Consello local en Vimianzo, Vicente Rivas e Lorena Suárez, e a portavoz nacional e concelleiros de Adiante Vimianzo, Marta Rei, Manuel Lorenzo e María Xesús Barbeira.

Novas relacionadas

Comentarios