luns. 29.06.2026
El tiempo

Veciñanza e BNG denuncian o eterno retraso da concentración da parcelaria de Carnés e Cereixo

BNG Carnes Concentracion Parcelaria
Veciñanza e BNG denuncian o eterno retraso da concentración da parcelaria de Carnés e Cereixo

Máis de 30 anos levan esperando en Carnés e Cereixo pola Concentración Parcelaria. Xa en 2015 recollíamos as queixas da veciñanza, pero acousa segue sen avanzar, como denuncia o BNG reiteradamente. As últimas previsións da Xunta é facer a entrega dos títulos notariais no primeiro semetres de 2027, pero nin BNG nin a veciñanza as teñen todas consigo. 

Así o debuxaron nunha charla informativa do deputado Oscar Insua e o portavoz local Benxamín Queiro, celebrada este pasado venres sobre o atraso da concentración parcelaria.

Traa presentación de Queiro, e antes de que Insua tomase a palabra, proxectouse un vídeo sobre o traballo parlamentario realizado polo BNG para urxir á Xunta a axilizar os trámites.

O deputado do BNG trasladou aos afectados e afectadas toda a información sobre as iniciativas que impulsou no Parlamento galego, e reiterou que desde o grupo nacionalista seguirán a apoialos e a traballar para que a Consellería de Medio Rural poña todos os medios posíbeis para finalizar o proceso canto antes.

No acto lembrouse que en marzo deste ano xa Oscar Insua denunciara un novo atraso na finalización do proceso administrativo da concentración parcelaria, logo de levar o asunto ao Parlamento e interpelar á Directora Xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez Rivera, sobre as previsións de aprobación da acta de reorganización da propiedade e entrega dos títulos notariais definitivos aos propietarios e propietarias dos terreos.

A directora xeral indicou naquel momento que está previsto que o proceso conclúa no primeiro semestre de 2027, e Insua afeoulle que “neste caso van tarde, mal e arrastro, e a parcelaria segue sen rematarse”.
O parlamentario do BNG salientou que “existe un problema de falta de persoal para realizar os trámites que faltan, tal e como nos recoñeceron na delegación da Xunta, e o que teñen que facer é poñer máis, porque levan máis de 30 anos con esta parcelaria”.

Pola súa parte, Benxamín Queiro manifestou que “é un despropósito o incumprimento do Partido Popular coa veciñanza de Vimianzo, neste caso de
Carnés e Cereixo; a xente quere os títulos canto antes, e non poden enganalos ano tras ano".
O edil nacionalista avanzou que "desde o BNG seguiremos apoiando e traballando cos veciños e veciñas para exixir á Consellería de Medio Rural que poña todos os medios posíbeis para finalizar o proceso canto antes, e daremos seguimento a este problema para que a Xunta cumpra co novo prazo dado, que é o primeiro semestre de 2027”.

Máis novas

 

Comentarios