O BNG de Vimianzo critica o retraso nos pagos do Concello
O BNG de Vimianzo vén de criticar a situación económica do Concello. Faino en base aos publicados a pasada semana polo Ministerio de Facenda e Función Pública, nos que sinala que a 31 de decembro do 2022, o concello de Vimianzo acumulaba unha débeda de facturas pendentes de pago aos seus proveedores por un importe de de 1.038.878,90 euros.
Dende o BNG-Vimianzo "manifestamos a nosa preocupación pola saúde económica do noso municipio. Sobre todo tendo en conta que o goberno local chegou ao concello con un total de 2,5 millóns de euros no banco. Isto demostra a incapacidade de xestión da grupo de goberno local". Os datos tamén revelan un alarmante retraso nos pagos, ao reflexar un promedio nos pagos 50,96 días. "Isto demostra que o concello leva sen pagar meses a moitos autónomos e pequenas empresas, a parte de que sigue mostrando a mala xestión existente, xa que a normativa marca esta cifra nos 30 días".
Por iso piden á corporación municipal que actúe en consecuencia e faga o posible por pagar o que debe.