Martes. 30.11.2021
El tiempo

Caballero considera homologar o Camiño dos Faros “fundamental para o desenvolvemento da zona”

Gonzalo Caballero-030621
Caballero considera homologar o Camiño dos Faros “fundamental para o desenvolvemento da zona”

Segue o Camilño dos Faros esperando que as adminstracións fagan o seu traballo e homologuen un regalo feito pola cidadanía. A veciñanza creou, promocionou e afianzou o mellor produto turístico das últimas décadas, pero semella que a vontade política non quere aproveitar ese legado e convertilo nun Roteiro homologado que lle permita autosubsistir e non depender da vontade dos [email protected] dunha Asociación ou da maior ou menor sensibilidade dos 9 alcaldes/as de turno.

Porén a nivel público as voces son outras, e todo o mundo parece apoiar o Camiño dos Faros. Así o ratificou, e con contundencia, Gonzalo Caballero, na súa visita onte á comarca. Foi o centro da reunión do secretario xeral do PSdeG cos alcaldes/as da zona celebrada no Castelo de Vimianzo. Considera o Camiño como “fundamental para o desenvolvemento económico e para xerar emprego e riqueza”, e por iso fixo un chamamento á Xunta a “aliarse con estas bisbarras impulsando a homologación desta ruta turística.

“É hora de que a Xunta se poña a carón das alcaldesas e dos alcaldes da Costa da Morte para impulsar o Camiño dos Faros”, apostilou o dirixente socialista, quen avanzou que o PSdeG volverá levar o asunto ao Parlamento (onde a mesa de traballo aprobada segue sen convocarse) se a Xunta non fai os seus deberes.

Instaron á Xunta tamén a alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, ou as rexedoras de Camariñas e Cee. Importante foi o dato que aportou Sandra Insua: “case o 80% das persoas que visitaron Camariñas no mes de maio foi para percorrer o Camiño dos Faros”. “Temos que sentar coa Xunta e buscar unha saída”, destacou.

Novas relacionadas

comentarios