Os trasn@s volven pedir unha resposta da Xunta ao informe de avaliación Ambiental do Camiño dos Faros tras dous anos de silencio

Dende decembro de 2014 leva a Asociación Camiño dos Faros solicitando a homolgación como Ruta de Gran Percorrido. E van xusto dous anos dende que a entidade enviaba un informe Ambiental á Xunta para a súa avaliación. Un informe que o mesmo goberno popular utilizaba para rirse da Costa da Morte poñendo trabas no canto de ofrecer solucións, pero ao que nunca chegou a responder.
A pesar das premuras de varios grupos políticos e de que a mesa de traballo aprobada, por unanimidade no Parlamento Galego xa debería levar 6 meses analizando a situación, a Asociación non ten recibido resposta da Xunta, e iso que era a propia Xunta a que en 2015 sinalaba que unha Avaliación de Impacto Ambiental era imprescindible.
Seguen pasando os meses, e o mellor produto turístico da última década na Costa da Morte, creado pola sociedade civil e regalado ás administracións, segue dependendo da vontade de ducias de voluntari@s e do compromiso de 9 concellos, por mor do “bloqueo da Xunta e da Federación Galega de Montañismo”.
Por iso, dende a Asociación, a pesar do seu cansanzo, volven poñer o foco no tellado da Xunta.
REPASO A 8 ANOS DE HISTORIA DO CAMIÑO DOS FAROS
- Maio 21: Urxen no Parlamento o desbloqueo da homologación do Camiño dos Faros.
- 07-05-21: “O Camiño dos Faros non se homologa polo bloqueo da Xunta e a Federación Galega de Montañismo”.
- Decembro 20: O Parlamento abre finalmente unha mesa de traballo para a homologación o Camiño dos Faros.
- 03-12-2020: A Xunta ríese dos trasn@s e dubida da seguridade e da conservación dos espazos naturais do Camiño dos Faros.
- 27-11-2020: Os trasn@s ofrecen un informe técnico e medioambiental para demostrar a alta calidade da ruta o Camiño dos Faros.
- Novembro 2020: O PSdeG reclámalle á Xunta que desbloquee a homologación da Ruta dos Faros.
- Outubro 2020: Canto é o impacto real do Camiño dos Faros na Costa da Morte? .
- Outubro 2020: A Asociación Camiño dos Faros cansa e desiste de ser o promotor da homologación da ruta GR.
- Agosto 2020: O Camiño dos Faros está salvando o verán.
- Xuño 2020: Por que non se homologa o Camiño dos Faros? Os trans@s rebentan contra as administracións.
- Maio 20: Foro: O Camiño dos Faros non só é bonito, é emocionante”.
- Xaneiro 2020: Os trasn@s plántanse e non farán o Camiño dos Faros 2020 en protesta pola falta de apoio das administracións.
- Novembro 2019: O Camiño dos Faros, Premio Galicia de Turismo 2019 polo seu 7º aniversario.
- Xullo 2019: Os alcaldes da bisbarra esixen a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido, tras 5 anos de trámites.
- Marzo 2019: O Camiño dos Faros véndese en Francia.
- Decembro 17: A Deputación aproba o financiamento do proxecto de homologación do Camiño dos Faros como GR.
- Xaneiro 2017: A Xunta corrobora o seu compromiso para axudar a homologar o Camiño dos Faros como GR.
- Decembro 2016: O Camiño dos Faros cumpre 4 anos.
- Novembro 2016: O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market.
- Xuño 2016: Novo compromiso para homologar o Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido.
- Xaneiro 2016: Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google.
- Novembro 2015: Os alcaldes únense á loita pola homologación do Camiño dos Faros como Sendeiro GR.
- Decembro 2014: A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Abril 2013: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Febreiro 2013: Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte