Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os callos de Carnés triunfan no Xantar

Vimianzo na Feira Xantar 2022
Mónica Rodríguez e Fanbián Mouzo facendo callos
Os callos de Carnés triunfan no Xantar

Se polo Fórum Gastronómic de Girona anda a Deputación da Coruña fachendeando de produtos bergantiñáns, a presenza costeira no Salón Internacional de Turismo Gastronómico, XANTAR, que se celebra do 9 ao 13 de novembro en Ourense, é aínda máis ampla. Percebe da Barca, o Bolo do Pote de Mazaricos, as fabas de Ponteceso ou os pinchos irmandiños ou os callos de Carnés están tendo gran protagonismo.

Hoxe centramos a atención na participación do Concello de Vimianzo. Foi onte cando o cociñeiro local Fabián Mouzo, de 14:45 a 15:30 horas, comandou a degustación tanto de callos de Carnés como dun Pincho Irmandiño, nun espazo reservado para Festas de Interese Turístico.

Precisamente a Faguía e o Asalto ao Castelo estiveron presentes neste Salón Gastronómico tamén para satisfacer o sentido do gusto. A receita dos callos é sobranceiramente coñecida. Para o pincho, Fabián elaborou un ‘canelón’ particular, xa que non leva pasta, senón unha filloa feita con fariña de castaña, “xogando un pouco con produtos da temporada do Magosto”, sinalaba Mouzo, dándolle “un toque máis doce”.
O recheo estaba conformado por migas de carrilleira de vaca de Montecelos, o guiso propio desta carne e uns cantarelos, unha especie de cogomelos recollidos nos propios montes vimianceses. A bechamel, con queixo galego, como non, e a salsa do estofado.

Vimianzo no Xantar 33

Desde o Concello aseguran que a participación en XANTAR “é un privilexio, porque axuda a posicionar o noso patrimonio cultural, como é a Faguía de Carnés e o Asalto ao Castelo de Vimianzo, celebracións declaradas Festas de Interese Turístico Galego, pero ademais a nosa gastronomía, moi vencellada á nosa cultura e a dúas celebracións que son moi nosas”, apuntaron desde Ourense.

Novas relacionadas

Comentarios