Carnés, Cereiro e Leis renden homenaxe a Don Pedro


Nestes días sacros, toca falar deses nomes propios que están cambiando a igrexa. Onte falabamos do peculiar cura de Santa Comba, e temos falado moito do sorriso africano-costeiro. Hoxe toca parada en Vimianzo, onde o párroco Don Pedro Zas Esmorís vai recibir a homenaxe dos parroquianos de Carnés, Cereixo e Leis.
A cita será o sábado 22 de abril, na Igrexa de San Cristovo de Carnés (haberá musca ás 13:00h) como na carpa na praza das escolas de Carnés, onde haberá un xantar a partir das 14:30h.
Xa se poden retirar as entradas (25€) ata o día 20 de abril nos seguintes teléfonos ou establecementos das parroquias:
- Parroquia de Leis: Lorenzo (697 418 776);
- Parroquia de Cereixo: Bar London; ou Cruz (638 810 688), Miguel (653 194 611) e Margot (981 73 00 84);
- Parroquia de Carnés: AgroFerrín; Bar O Ciprés; Bar Casa Ferrín ou Nieves (616 739 089).
Novas relacionadas
- O cura que cambiou a Igrexa de Santa Comba.
- Elenita, a heroína antifranquista de Santa Comba.
- Rouban a campá da Capela de Monte Torán.
- Un novo santo para Pereiriña.
- A Costa da Morte vive o sorriso e o ritmo de África co párroco Desiree.
- A nova misa do Cura de Ghirra no Mazaricos de 1965.
- Unha festa polos 25 anos do “mellor cura de Galicia”.
- Un busto en homenaxe ao párroco de Buxantes.
- O Belén itinerante de Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).