Comezaron os traballos de mellora na rede de saneamento en Outeiro de Braño

13:26 06/09/21
A rede proxectada trátase dun sistema unitario e evacuará por gravidade cara a estación depuradora incluída no proxecto; é dicir, sin bombeo. O obxectivo desta infraestrutura é a evacuación, transporte, recollida, concentración e depuración dos verquidos de augas residuais que se xeneran no núcleo de poboación de Braño, e a eliminación de pozos e fosas sépticas que actualmente recollen ditas augas nas parecelas privadas.
Por outra banda, tamén se mellorará a pista final do núcleo, así como un pequeno tramo de pista no interior do núcleo, actualmente en mal estado.