Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo, Cáritas e Cruz Vermella recuperan a Gala Solidaria

Vimianzo Gala Solidaria
A alcaldesa, Mónica Rodríguez; a presidenta de Cruz Vermella, Rebeca Rodríguez e María Carmen Vázquez Canosa, directora adxunta de Cáritas, rubricaron onte o acordo mediante o cal se dá a coñecer que a Plataforma Solidaria de Vimianzo está a organizar este evento.
O Concello de Vimianzo, Cáritas e Cruz Vermella recuperan a Gala Solidaria

Este Nadal volve a gala Solidaria a Vimianzo. Esa cita que une a todo un concello, a toda unha comarca, por unha boa causa, para axudar aos máis necesitados.
Así o acordaron onte o Concello de Vimianzo, Cáritas e Cruz Vermella, que asinaron onte a colaboración para retomar a Gala Solidaria, tras dous anos de irrupción pola pandemia da COVID-19. 

As entidades instan á poboación local a ser partícipe para involucrarse en todo o proceso e organización, e para elo póñense á disposición de todas aquelas interesadas e interesados a ser parte do organigrama de voluntariado. Tamén se informa ás veciñas e veciños que se poden realizar doazóns de alimentos a través das “caixas solidarias” a disposición nos supermercados, igrexas, centros educativos e sedes de Cáritas e Cruz Vermella. 

Tamén se pode colaborar economicamente con esta acción no número de conta ES51 2080 0082 4130 0007 3452 de ABANCA. Para máis información, pódese contactar nos teléfonos 981 71 71 36 (Cruz Vermella), 686 05 05 85 (Cáritas) ou 981 70 74 25 (Servizos Sociais). 


 

Comentarios