Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo renovará toda a súa iluminación para aforrar máis do 50% nas facturas da luz

Imaxe nocturna de Vimianzo
Imaxe nocturna de Vimianzo
O Concello de Vimianzo renovará toda a súa iluminación para aforrar máis do 50% nas facturas da luz

Gracias á subvención do IDAE de case 2 millóns de euros, o Concello de Vimianzo poderá renovar máis de 4.000 luminarias con tecnoloxía LED. Son practicamente todas as iluminacións espalladas polo termo municipal, agás as 300 que xa foran renovadas o pasado ano. Unha renovación que provocará un aforro enerxético dun 53,21% e que suporá unha gran reducción do impacto ambiental, pois con estas novas farolas só se desperdicia o 5% da enerxía consumida.

O Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía, pertencente do Ministerio para a Transición Ecolóxico e o Reto Demográfico, achegará 1.888.894,76 euros, o 80% do proxecto, que conta cun orzamento total de 2.362.368,46 euros.

O proxecto realizarase por fases. Primeiramente o Concello ten 6 meses para a tramitación dos contratos, e a empresa contratada terá un prazo de execución dun ano. Actuarase nun total de 184 cadros de mando, para adaptarse á normativa vixente.

Comentarios