Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un Concurso de microrrelatos para mirar "De fronte" á violencia de xénero en Vimianzo

Concurso Microrrelatos Vimianzo 25N
Un Concurso de microrrelatos para mirar "De fronte" á violencia de xénero en Vimianzo

O Concello de Vimianzo, que vén de adherirse á campaña ‘DE FRONTE á violencia de xénero’ impulsada pola Deputación Provincial da Coruña, deseñou un concurso de microrrelatos contra a violencia de xénero de cara ao 25 de novembro. O prazo para participar no mesmo remata o día 20, e poderanse enviar as propostas mediante enderezo electrónico [email protected]. Non existen mínimos de idade nin restricións de nacionalidade.

Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando os microrrelatos se atopen escritos en lingua galega. O xurado estará composto por tres membros: dúas persoas especializadas en escritura creativa; unha persoa especializada en temas de igualdade de xénero e unha persoa especializada na realidade sociocultural de Vimianzo. Poden consultarse as bases na web municipal vimianzo.gal.

A frase de inicio de cada relato terá que ser común a todos eles, tendo de base a seguinte: “Naceu muller nunha aldea”, e o máximo de palabras será de 100. A temática basearase na violencia de xénero e os premios serán unha estancia dunha noite para dúas persoas (primeiro premio), unha cea ou xantar para dúas persoas (segundo premio) e unha bolsa de produtos (terceiro premio), sempre de establecementos de Vimianzo.

Ademais, haberá unha serie, palestras ou contacontos, coas que se apela directamente á implicación dos Concellos da provincia, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo e empresarial, familias, etc. 
 

Novas sobre o #25N

Comentarios