![Os 80 participantes no campamento visitaron onte os Penedos de Pasarela]()
Os 80 participantes no campamento visitaron onte os Penedos de Pasarela
Os
80 participantes no campamento Vimiverán que se está a desenvolver esta semana en Vimianzo aproveitaron a pequena tregua que deron na mañá de onte os termómetros para coñecer os
Penedos de Pasarela, un dos únicos espazos do municipio declarados Paisaxe Protexida pola Xunta de Galicia.
Unha vez alí, os nenos e nenas tiveron tempo para darlle renda solta á súa imaxinación e debuxar no seu caderno de campo as formas dos penedos.
Mañá achegaranse ao Ecoparque de Marín a gozar cos circuítos arbóreos e á tardiña comezará a acampada nocturna, unha das actividades coa que mellor o pasan as cativas e cativos. O campamento rematará mañá pola mañá cunha festa na piscina municipal de Vimianzo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo