Cruz Vermella abre un novo curso de Primeiros Auxilios en Vimianzo
En España, só o 10% da poboación ten coñecementos de primeiros auxilios fronte ao 95% da poboación que os ten en Noruega. E iso que ter coñecementos sobre Primeiros Auxilios permite nalgunhas ocasións salvar vidas e noutras moitas diminuír as secuelas das lesións.
Por iso a Cruz Vermella lanza unha campaña para aprendermos esta clase de ferramentas, coa intención de que, a lo menos, unha persoa en cada fogar teña os coñecementos necesarios para actuar en caso dun accidente.
Cruz Vermella impartirá en Vimianzo un curso de primeiros auxilios, os vindeiros días 19, 20, 26 e 27 de xuño. Trátase dun curso de 20 horas de duración no que se abordan os contidos principais sobre este tema, ademais das técnicas que poden aplicar os primeiros intervenientes nunha situación de emerxencia. Entre outras cousas, ensinaranse técnicas básicas para poder actuar ante situacións cotiás de urxencia como feridas, traumatismos, queimaduras e accidentes con máis dunha vitima.
Os venres 19 e 26 o horario será de 16:00 a 21:00 horas, os sábados 20 e 27 de 09:00 a 14:00 horas. Ten un custe de 90 euros, con descontos do 10% para desempregados, estudantes, socios e voluntarios e do 20% no caso de persoas desempregadas de máis de 3 meses. O curso levarase a cabo no Centro Social de Vimianzo, e as inscricións poden facerse na propia asemblea da Cruz Vermella de Vimianzo ou a través de internet na páxina: formacion.cruzvermella.org.
Principais lesións en España
En España, as principais lesións que teñen lugar no fogar son as caídas, os golpes contra obxectos, os cortes, as quemaduras, as intoxicacións, os atragantamientos e a asfixia. Os grupos máis vulnerables son os nenos e nenas, especialmente os menores de 4 anos, as persoas maiores e as mulleres, xa que a maioría das lesións están ligadas á actividade doméstica.Os primeiros auxilios en cifras
Cada cinco segundos falece unha persoa no mundo por traumatismos (58 millóns de persoas ó ano). Bastan só catro minutos para que o bloqueo das vías respiratorias sexa mortal. A reanimación cardiopulmonar inmediatamente despois dun paro cardíaco repentino pode duplicar ou triplicar a probabilidade de supervivencia da víctima.Fonte
- Cruz Vermella.