mércores. 29.04.2026
El tiempo

Un recoñecemento aos empresarios do turismo que apostan pola calidade

Entrega diplomas Sicted CdM - foto familia (1) copia
Un recoñecemento aos empresarios do turismo que apostan pola calidade

A Costa da Morte continúa avanzando cara a un modelo turístico sostible, baseado na profesionalización, na cooperación e na mellora da calidade do servizo. Así se incidiu no acto de entrega dos distintivos SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos), correspondentes á anualidade 2025. O evento tivo lugar o martes 28 de abril de 2026 en Vimianzo, e contou coa participación de representantes institucionais, profesionais do sector e persoal técnico vinculado ao turismo.

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitriona, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes, nun acto que contou tamén con representación do resto de concellos socios da CMAT. Seguidamente, o presidente da CMAT e alcalde da Laracha, José Manuel López, foi o encargado de presentar o acto, subliñando a importancia do traballo conxunto entre administracións e empresas con programas como o SICTED, para seguir a mellorar a calidade e profesionalización do sector turístico de Costa da Morte.
Durante o acto tamén tomou a palabra o Subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, quen puxo en valor a importancia de dotar ás empresas e entidades turísticas da formación necesaria para avanzar cara a un modelo de turismo sostible, capaz de xerar desenvolvemento económico no territorio.

Entrega diplomas Sicted Costa da Morte (2) copia

O Vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, Xosé Regueira, destacou a relevancia de iniciativas como esta para mellorar os servizos municipais e a experiencia das persoas visitantes, incidindo en que a boa xestión do turismo é clave para xerar economía, emprego e fixar poboación no territorio.
Pola súa banda, o Director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Merelles, fixo fincapé en que a Costa da Morte é un claro exemplo de crecemento turístico, sinalando que os bos datos acadados responden ao traballo que se está a facer no destino desde a colaboración público-privada.
Tamén interveu Pepe Formoso, vogal da CMAT e presidente da APTCM, quen trasladou a visión do sector empresarial, incidindo en que este é un camiño que só é posible desde o compromiso colectivo, demostrando que a colaboración entre todos os axentes é clave para avanzar cara a un modelo turístico sostible.
Pechou a rolda de intervencións Emilio Cuíñas, director de Autoxiro e consultor SICTED, quen fixo balance do programa, sinalando o nivel de implicación das empresas participantes e as novidades para esta anualidade coa nova plataforma.

A Lista dos novos centros co distintivo SICTED

O acto culminou coa entrega dos diplomas e distintivos SICTED, na que participaron todos os representantes institucionais, a un total de 33 establecementos correspondentes ao Ciclo 3 da anualidade 2025, nun recoñecemento ao seu esforzo continuo por mellorar a calidade dos servizos turísticos no destino: 8 hoteis e apartamentos turísticos, 2 empresas de turismo activo, 8 aloxamentos rurais, 5 museos e centros de interese turístico visitable, 2 albergues, 7 oficinas de información turística e 1 establecemento de turismo de benestar.

Foto Familia SICTED CMAT copia

  • 1. Oficina de Turismo de Caión (A Laracha).
  • 2. Centro de Interpretación de los Molinos de Agua de la Costa da Morte (A Laracha)
  • 3. Turismo Rural O Xastre de Anos (Cabana de Bergantiños)
  • 4. Oficina de Turismo de Carballo (Carballo)
  • 5. Balneario de Carballo (Carballo)
  • 6. Casa Rural Mar de Queo (Carballo)
  • 7. Mar de Preciosa (Camariñas)
  • 8. Refuxio do Náufrago (Camariñas)
  • 9. Oficina de Información Turística de Carnota (Carnota)
  • 10. Hotel Faro de Lariño (Carnota)
  • 11. Oficina de Información Turística de Cee (Cee)
  • 12. As Heiras Hotel (Cee)
  • 13. Atlantis Adventure (Cee)
  • 14. Museo da Pataca (Coristanco)
  • 15. Oficina Información Turística O Ézaro - Dumbría (Dumbría)
  • 16. AdventurÉzaro-KayakÉzaro (Dumbría)
  • 17. Hotel Bela Fisterra (Fisterra)
  • 18. Hotel Semáforo de Fisterra (Fisterra)
  • 19. Oficina Municipal de Información Turística de Laxe (Laxe)
  • 20. Museo do Mar (Laxe)
  • 21. Hotel Playa de Laxe (Laxe)
  • 22. Centro de Artesanía e Tradición (CAT) (Malpica de Bergantiños)
  • 23. Casa da Vasca (Malpica de Bergantiños)
  • 24. Casa Castiñeira (Muxía)
  • 25. Albergue Bela Muxía (Muxía)
  • 26. Apartamentos Touriñan Mar (Muxía)
  • 27. Casa de Trillo (Muxía)
  • 28. A de Loló Alojamiento con encanto (Muxía)
  • 29. A Casa da Canle (Vimianzo)
  • 30. Casas da Fontenla CB (Vimianzo)
  • 31. Castelo de Vimianzo (Vimianzo)
  • 32. Torres do Allo (Zas)
  • 33. Hotel Rústico Casa do Vento (Zas)

nas próximas semanas comunicarase a apertura dun novo período de inscrición para aquelas entidades interesadas en adherirse ao programa SICTED, xunto coa información sobre a formación dispoñible e o procedemento a seguir.

Comentarios