As Curandeiras celebran o 8M cunha exposición histórica nas tendas de Vimianzo
Este 2021, a asociación sociocultural feminista As Curandeiras de Vimianzo en colaboración coa asociación cultural Unha Gran Burla Negra lembran, baixo o lema “Sen Coidados, non hai vida”, estes sucesos cpa Exposición “Mulleres Marchando. Costa da Morte 8M-2003”, que estará dispoñible dende o 5 de Marzo ata o 4 de Abril nos escaparates das tendas de Vimianzo. Unha exposición comisariada pola nosa María Bella e a imaxe gráfica foi realizada por Mauro Trastoy.
As Curandeiras, que este ano prefiren non saír á rúa, e que apoian tanto ás mulleres que farán folga como as que non, queren estar presentes e fano “valéndose das forzas das mulleres que nos precederon noutras tempadas de crise para visibilizarnos, reivindicarnos e celebrarnos”. A loita estará moi viva coa axuda deses testemuños fotográficos de mulleres de toda Galicia que marcharon polas rúas da Costa da Morte durante a crise do Prestige. “Deste xeito queremos alzar a voz, especialmente, polas compañeiras que neste momento realizan tarefas consideradas esenciais e non reciben contra prestación económica por sobreexpoñerse o virus, nin se revalorizan as súas categorias laborais (saf, sanitarias, limpeza, dependentas) Queremos tamén apoiar as mulleres artistas que sabemos que están a vivir momentos de especial vulneravilidade... Son moitas as voces que nos gustaría expresar e reinvindicar…!”
A exposición “Mulleres Marchando. Costa da Morte 8M-2003” recupera unha vintena de imaxes e documentos desta Marcha Mundial das Mulleres que lucirán, gracias á colaboración da Asociación de Establecementos de Vimianzo, en 35 tendas repartidas pola vila que exhibirán as imaxes e documentos ó público. As e os paseantes que desexen realizar o percorrido poden facelo buscando nos escaparates o cartaz identificativo co lema “Sen coidados non hai vida” ou seguindo o mapa que aparece no código QR do cartaz.
Novas sobre o 8M
- A Galería Mulleres de Muxía cumple 11 anos lembrando a Elena Colmeiro.
- “Mulleres invisibles, mulleres desconfinadas”, o artigo de Paula Castro gañador do IV Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey.
- Buserana pide vídeos para participar nunha acción virtual de cara ao #8M.
- A Costa comeza a mobilizarse polo #8M.
Artigos relacionados
- María Bella: O Pobo que somos.