mércores. 22.10.2025
El tiempo

Camiño Escena Norte bota o pano da súa sétima edición en Vimianzo con El Tejo Producciones

El jardín de las posibilidades de El Tejo
Imaxe de "El jardín de las posibilidades" de El Tejo Producciones
Camiño Escena Norte bota o pano da súa sétima edición en Vimianzo con El Tejo Producciones

A sétima edición de Camiño Escena Norte bota o pano esta fin de semana coas derradeiras funcións, que terán lugar en Vimianzo e Ribadeo. O  programa de intercambio cultural a través das artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa chega así as últimas representacións, logo de ofrecer numerosos pases dos 18 espectáculos do seu Itinerario Constelacións en 60 sedes espalladas polos seis territorios. 

Así, o sábado 25, a compañía cántabra de artes escénicas e audiovisuais El Tejo Producciones presentará na terra de Soneira El jardín de las posibilidades, do dramaturgo Carlos Troyano, quen describe así a peza: "Conta Federico García Lorca nas súas Suites que el coñece un lugar marabilloso chamado O xardín das posibilidades, alí habitan os amores que nunca foron, os fillos que non naceron e as decisións que nunca se tomaron. Se cadra alí aínda vive a súa amiga da alma Emilia Llanos, empeñada nun amor que nin sequera foi". A obra propón un percorrido pola figura desta muiller e da investigación que iniciou con Agustín Penón para esclarecer o asasinato de Lorca.

O domingo 26 será a quenda de ZigZag Danza, en Ribadeo.

 

Comentarios