Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Damián Espasandín, orgulloso de poñer Vimianzo no mapa a nivel nacional

Damián Espasandín, orgulloso de poñer Vimianzo no mapa a nivel nacional
Victor Santos orgulloso de Damian Espasandin Víctor Santos orgulloso de Damián Espasandín-Foto-Rafa Quintáns

Ser profeta na propia casa non é doado, pero cando consegues un fito como un campionato estatal e ademais es querido na túa vila, todo casa. Así foi que o Concello de Vimianzo quixo realizar unha recepción oficial a Damián Espasandín que conseguía o seu maior fito da súa carreira deportiva, quedar campión absoluto de carreiras de obstáculos OCR Elite.

Un ateigado salón de plenos acollía o emotivo acto de recibimento, especial para moitos que viron crecer a este rapaz sempre tan apegado á capital soneirá. Especial orgullo sentiu o técnico de deportes Víctor Santos, que tiven o pracer de adestrar a Damián “dende moi cativo en distintos deportes, e que se merece todo o que bo lle pase”. De feito, as verbas de agradecemento máis concretas por parte de Damián foron para el.

https://www.facebook.com/concellovimianzo/videos/287184655236375/?t=1

”Impresionante recepción”, recoñécenos o protagonista. “Foi o mellor agradecemento ata o momento, porque faime especial ilusión que me recoñezan aquí en Vimianzo. Faime especial ilusión pola xente que asistiu (familia, amigos, e outras persoas que me amosaron moita admiración) e sobre todo por vir do meu “pueblo”, un “pueblo” no que participei en todas cantas actividades había e no que mesmo traballei nos campamentos da piscina. Son unha persona que sinte moito os colores do “pueblo” e da Costa da Morte en xeral, por iso é un orgullo poñer Vimianzo no mapa a nivel nacional e internacional”, resalta.

Agora, Damián tócalle seguir adestrando coa familia DAFIT, e rematar a liga. “Quédanme tres carreiras e como estou no 3º posto aínda teño que seguir competindo ata mediados de decembro”. Así que aínda podemos rematar o 2018 con outra sorpresa… Sorte!

Publico asistente a recepcion a Damian Espasandin no Concello de Vimianzo Público asistente na recepción a Damián Espasandín no Concello de Vimianzo_Fotos-Rafa Quintáns

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/damian-espasandin-cumpre-un-sono-e-alzase-campion-de-espana-de-ocr-elite/ https://quepasanacosta.gal/paula-esteiro-estrea-o-titulo-de-camarinana-do-ano/

Comentarios