Venres. 26.04.2024
El tiempo

De ruta polos dolmens de Vimianzo

De ruta polos dolmens de Vimianzo
No roteiro deste sabado visitaran a Pedra da Arca No roteiro deste sábado visitarán a Pedra da Arca. Imaxe: Vimianzo Turismo O vindeiro sábado, día 24, Vimianzo despide o programa de visitas guiadas "Pon as botas!" - posto en marcha este mes de setembro pola concellería de Cultura -. cun roteiro polos dolmens do municipio. A visita parte ás 10 horas do Castelo vimiancés para realizar un roteiro - dunhs 8 quilómetros - no que visitarán os dolmens de Pedra Cuberta e Pedra Moura. Dende alí, camiñarán até Pedra da Arca e tamén á Casota de Freáns. Os sendeiristas tamén terán a oportunidade de descubrir un dolmen que está unha boa parte do ano inundado polo Encoro da Fervenza. O interesados en participar deben anotarse no 981 716 354 ou en [email protected]. Por outra parte, esta fin de semana rematan as visitas guiadas no Castelo de Vimianzo e nos Batáns do Mosquetín. Serán sábado e domingo, ás 12 e ás 17 horas na fortaleza, e ás 13 e ás 18 horas no conxunto etnográfico do Mosquetín.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios