Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Denuncian verteduras de fecais en varios puntos de Vimianzo

Vertedura de fecais ao rio de Vimianzo
Enchentas ao carón do paseo fluvial de Vimianzo
Denuncian verteduras de fecais en varios puntos de Vimianzo

Lanza hoxe o BNG de Vimianzo un aviso sobre varias verteduras de augas fecais que directas ao río en varias parroquias. Verteduras que xeran “pantanos fangosos, convertendo estas zonas en insalubres e onde existe mal olor, como en Tufións, Pasarela, Carantoña ...ou na propia Braña do Cura, ao carón do paseo de fluvial de Vimianzo.

Consideran que “débese á falta de mantemento das distintas depuradoras do municipio, un mantemento que leva descoidándose dende fai xa tres anos”, polo que propoñen que “se leve a cabo un mantemento riguroso destes puntos, xa que é un gran problema para a cidadanía cando as verteduras de todo o lugar acaben no río. A parte dos prexuízos que se poidan provocar contra a biodiversidade dos ríos e a falta de salubridade pública”.

Lembran ademais os continuos episodios de anegacións cada vez que chove moito no centro da capital municipal. “Dentro do núcleo de Vimianzo, existe un problema coas augas residuais e fecais, que tamén queremos facer eco. Cando chove moito, é recurrente que no núcleo urbano se produzan inundacións e incluso no alcantarillado desborden residuos fecais. Dende o BNG-VIMIANZO, a maioría destas inundacións e desbordamento de sumidoiros poderían evitarse separando a canalización das augas fecais e as pluviais. Ademáis, se separamos estas augas, aforraríamos unha gran cantidade de produtos químicos e electricidade asociados ao tratamento destas augas nas depuradoras”.

Comentarios