Descobren un novo dolmen en Vimianzo sen inventariar


Seguro que haberá que abrir un apartado especial para este asunto no Simposio do Megalitismo da Costa da Morte que se celebrará a primeira fin de semana de setembro en Vimianzo. I é que o achádego dun novo dolmen sen inventariar non se consegue todos os días.
O Concello soneirán, un dos territorios con máis túmulos megalíticos de Galicia, vén de anunciar o descubrimento dun novo dolmen nunha finca próxima ao vello camiño entre Caxadas e Sanfíns, na parroquia vimiancesa de Cambeda. Alí apareceu unha nova mámoa coa súa anta no interior. Aínda que o túmulo é de grandes dimensións e está situado perto dun vieiro, pasou desapercibido durante todos estes anos. A mámoa foi profanada, como acontece habitualmente, deixando á vista media ducia de esteos verticais un pouco desprazados. Malia que non se realizou un estudo arqueolóxico do lugar, pola súa tipoloxía poderíase datar entre o 4.000 ao 3.000 a.C. O achado xa foi comunicado á Dirección Xeral de Patrimonio.


Máis dun cento de mámoas
Novas relacionadas
- Vimianzo debatirá sobre como explotar o patrimonio no Simposio do Megalitismo.
- Vimianzo repasa a súa historia a golpe de visitas guiadas.
- Horarios dos edificios turísticos da Costa da Morte.
- As visitas guiadas volven aos Batáns do Mosquetín e ao Castelo de Vimianzo
- 2014: O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, 13 anos de quimera.
- Nace unha web sobre o patrimonio e a historia de Galicia.
Fonte
- Concello de Vimianzo.