luns. 15.09.2025
El tiempo

O polígono de Vimianzo fai músculo co novo monolito de benvida

Inauguracion Monolito Poligono de Vimianzo
O polígono de Vimianzo fai músculo co novo monolito de benvida

Esta mañá de ñuns 15 de setembro, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o tenente de alcaldesa, Víctor Muíño; o delegado do Goberno, Pedro Blanco Lobeiras; a xerente de SEA (Suelo Empresarial del Atlántico), Beatriz Sestayo; e diferentes representantes das empresas instaladas no parque empresarial, inauguraron o monólito de benvida ao Polígono de Vimianzo, situado na rúa Monte da Rigosa.

A actuación inaugura un proxecto de sinalización, que se extenderá aos trece polígonos xestionados por SEA, e co que a entidade estatal pretende visibilizar ás empresas. A construción do monólito foi adxudicada ademais á empresa local Gerca Acero y Metal.

Aínda que se trata dun acto “simbólico”, segundo a alcaldesa de Vimianzo, expresa a “relevancia que supón para nós, para o noso municipio e para a economía local e comarcal que este parque empresarial continúe medrando, con líneas de traballo que levamos conxuntamente con SEA e que favorecen a instalación de empresas como Estrella Galicia, GERCA, Pádel Costa da Morte, Proclima Galicia ou Pérez Rey, entre outras”, subliñou a rexedora. 

Neste senso, Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico SEA, destacou: "O importante papel que xoga o sector público como impulsor de políticas públicas útiles para a sociedade, e que repercuten non só no crecemento económico e na xeración de emprego, senón tamén en que se fixe poboación nos municipios". Sestayo descatou o crecimento do polígono nos últimos anos.

A alcaldesa fixo tamén referencia aos datos extraídos no actual Índice de Coxuntura Económica, onde a provincia da Coruña segue a ter un destacado peso económico en toda a nosa comunidade, o que vén reflictindo que somos un dos motores da actividade económica e demográfica en Galicia, polo que todas as accións levadas a cabo neste parque empresarial repercutirán a nivel macro e temos que seguir traballando nesta liña.”

Pola súa banda, o delegado do Goberno, Pedro Blanco Lobeiras, quixo recalcar que “o Goberno dinamiza como nunca comarcas que antes estaban esquecidas, ofrecendo igualdade de oportunidades, com a Costa da Morte, para seguir consolidando unha base industrial sólida que se traduza en emprego e futuro”. 

Máis novas

Comentarios