xoves. 01.05.2025
El tiempo

Descubrindo o Val de Vimianzo

Descubrindo o Val de Vimianzo
As diferentes aldeas que componen o Val vimiances foron o escenario dun roteiro guiado que tivo lugar o pasado sabado As diferentes aldeas que compoñen o Val vimiancés foron o escenario dun roteiro guiado que tivo lugar o pasado sábado O pasado sábado tivo lugar o primeiro dos tres roteiros guiados que ten preparados o concello de Vimianzo para este mes baixo o programa de sendeirismo "Pon as botas!". O Val vimiancés acolleu por vez primeira unha ruta guiada que o rodea pasando polas diferentes aldeas situadas nas ladeiras dos montes. O percorrido foi circular, con saída e regreso no castelo, chegando ao punto máis ao sur en Cambeda, e o máis ao norte en Bribes. Na andaina aproveitouse a ocasión para camiñar á beira do rego de Cambeda, por riba dunha centenaria ponte que saíu á luz tralas recentes limpezas. Tamén se visitaron diferentes muíños, como o da Gándara, Sariño ou As Pasantes. Fóra dos ríos, un dos lugares que máis chamou a atención dos visitantes foi A Toxa, que conserva moi ben a súa arquitectura tradicional, onde se sitúan as ruínas da capela de san Xosé, cunhas magníficas vistas sobre o Val. A arqueoloxía tamén tivo a súa presenza co paseo polas murallas do castro das Barreiras e as explicacións sobre outras aldeas da Idade do Ferro como Sansobre e A Pena. No roteiro tamén se lembrou a importancia de Vimianzo como cabeza de xurisdición, o que levou a que moitos fidalgos establecesen no Val a súa residencia: os pazos de Trasariz e Trasouteiro ou casas grandes como as de Casais ou A Toxa son testemuños do mesmo. Próxima cita O programa continúa o vindeiro sábado, 17 de setembro, cun roteiro polos Penedos de Pasarela. A ruta, como todas as do ciclo, sae ás 10 da mañá do castelo. Un bus levará aos visitantes a Pasarela para comezar na aldea o percorrido polos Penedos. Hai prazas limitadas polo que se pide reservar con antelación no correo electrónico visitavimianzo@gmail.com ou no teléfono do castelo 981 716 354. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Vimianzo

Comentarios