Venres. 29.03.2024
El tiempo

Desestimado o recurso do constructor Manuel Barcia contra o concello de Vimianzo

Desestimado o recurso do constructor Manuel Barcia contra o concello de Vimianzo
Centro-socio-cultural-de-Baíñas O centro socio-cultural de Baíñas inaugurouse en xullo do 2012 O xuiz do Xulgado do Contencionso-Administrativo número un da Coruña, José Antonio Parada López, acaba de dar a coñecer a sentenza na que se desestima o recurso interposto polo empresario Manuel Barcia García contra o concello de Vimianzo. Os feitos remítense a xullo de 2013, data na que o constructor solicitou unha indemnización de case 67.000€ polos danos e perxuizos derivados do contrato de construcción do centro socio-cultural de Baíñas. En xullo de 2011 a xunta de goberno local adxudicou a través da mesa de contratación o obra do centro socio-Cultural de Baíñas ao empresario Manuel Barcia García. En novembro de 2011 o arquitecto municipal informou da necesidade dun proxecto modificado co fin de correxir as imprecisións observadas no proxecto inicial. Aprobandose en xaneiro de 2012 o novo proxecto modificado. A redacción do proxecto modificado conlevou a paralización das obras e a conseguinte ampliación do prazo de execución das mesma. "É evidente que dito modificado comportou uns gastos ao contratista tanto nas súas expectativas de fin de obra ao ampliarse o tempo de execución como nas variacións no traballo de acometida" sinala a sentenza. O xuiz alude a varios informes a través dos cales estima que "se ben houbo sobrecostes estes eran inferiores ás partidas deixadas de executar conforme ao proxecto polo que a demanda non pode prosperar ao non haber pérdida patrimonial na recurrente nin perxuizo compensando ambas partes". Finalmente a sentenza conclúe que "se impoñen as costas ao recurrente - Manuel Barcia García - ao ser desestimada a demanda limitadas a 700€ en gastos de representación e defensa". Novas relacionadas Fonte

Comentarios