Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Deteñen un veciño de Carantoña por ameazar á Garda Civil tras unha festa

Deteñen un veciño de Carantoña por ameazar á Garda Civil tras unha festa
comision-festas-carantona Os incidentes aconteceron durante a cea organizada pola Comisión de Festas de Carantoña na que participaron máis de 300 veciños e veciñas Era xa a mañá do pasado domingo 22 de outubro cando aínda soaba a música da discoteca móbil en Carantoña, a pesar de que a festa, organizada pola Comisión de Festas de Carantoña no centro deportivo de Vimianzo e á que asistiron máis de 300 veciños e veciñas, non contaba cos pertinentes permisos municipais. Ao redor das 6:00 horas, desprazábase ata o lugar desprazábase unha patrulla composta por 2 gardas civís do Posto de Vimianzo coa intención de poñer fin á música despois de que, ao parecer, un veciño denunciase o ruído que había. Segundo indica a Garda Civil, un grupo de vinte persoas que estaban na festa sairon do recinto cando éstes estaban intentando identificar aos responsables. Nunha nota de prensa, a benemérita indica que este grupo de persoas os rodaron e  que un dos mozos que estaba alí dirixiuse aos axentes a gritos esixíndolles que se fosen do lugar. "Posteriormente e ao verse ignorado intentou abalanzarse en varias ocasións co brazo no alto e palma da man aberta contra un dos compoñentes da patrulla proferindo ameazas de que si non se ían do lugar “baixaríalles un pau na cabeza” tendo que ser suxeitado por xente presente no lugar", sinalan dende a Garda Civil. Ante estes feitos, os axentes non dubidaron en deter ao mozo. Con el, un grupo dunhas 15 persoas dirixíronse ao Acuartelamiento da Garda Civil de Vimianzo a seguir pedindo explicacións da actuación dos Gardas Civís tendo que solicitárselles en varias ocasións que abandonasen o lugar. Tras estes feitos, ademais do detido, a Garda Civil de Vimianzo procedeu a realizar diferentes identificacións para poñer en coñecemento das diferentes Autoridades Competentes os feitos ocorridos durante a madrugada e a mañá dese día. Trala detención e toma de manifestación foi posto en liberdade á espera da actuación da Autoridade Xudicial. A outra versión  Un bo número de veciños e veciñas estaban desfrutando da festa no momento dos feitos e réstanlle importancia dicindo que "a cousa non foi para tanto". Éstes sinalan que, en ningún momento, ningún grupo de xente rodeou aos axentes da Garda Civil ainda que segundo din "chegaron cunha actitude algo chulesca". Dende a comisión recoñecen que non contaban cos permisos debidos, ainda que eles non eran conscientes diso.   Fonte

Comentarios