Venres. 03.05.2024
El tiempo

Detido en Vimianzo un coristanqués que estaba en busca e captura por violencia de xénero

garda-civil-recurso
Detido en Vimianzo un coristanqués que estaba en busca e captura por violencia de xénero

O pasado 27 de marzo, a Garda Civil detiña un home. Hoxe, explican que se trata dun home de Coristanco, que levaba en busca e captura varios anos, sendo propenso a escapar, e axudado polos seus familiares que o agocharon nas súas casas. O home ten varios antecedentes penais, marcados por catro ordes xudiciais ditadas por xulgados de Coruña, Carballo e Ferrol. Dúas destas ordes, datadas en 2022, incluíron busca, detención e prisión. As acusacións estaban relacionadas con delitos de violencia de xénero, conducir sen carné e roubo con forza.

Foi o pasado 27 de marzo cando os Axentes descubriron que se achegaba a Vimianzo a realizar unhas xestións, onde foi sorprendido polos axentes nunha vivenda (a veciñanza asegura que a detención aconteceu no Restaurante Edreira). Intentou fuxir, pero entre destacan os axentes conseguiron detelo.

Participaron na investigación membros dos Postos da Garda Civil de Vimianzo, Muxía, Corcubión, o Equipo ROCA Carballo e a USECIC da Comandancia da Coruña.
A Garda Civil realizou as dilixencias entregadas no Xulgado de Garda de Corcubión, que ordenou o seu ingreso no Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña).

Comentarios