Tres detidos en Vimianzo con 7 kg de hachís

12:05 28/07/20
Dous veciños da localidade gaditana de San Lúcar de Barrameda e un residente en Brión foron detidos esta semana na Costa da Morte. A Garda Civil do Posto de Vimianzo realizaba un control e os interceptaba nunha estrada da comarca nun vehículo con máis de 7kg de hachís e 20.000€ en efectivo.
A actitude nerviosa e evasiva dos ocupantes durante o control, así como a falta dunha explicación coherente da súa presencia na zona, fixo levantar as sospeitas dos axentes, que realizaron unha inspección minuciosa do coche.
Durante a intervención, un dos ocupantes intentou darse á fuga a pé, sendo interceptado e reducido pola patrulla.
Esta chamada “Operación Faros 1” é a segunda operación semellante do posto de Vimianzo nos últimos meses, e segue aberta.