Sábado. 18.05.2024
El tiempo

O alcalde de Vimianzo asegura que os concelleiros non adscritos non van ás comisións "porque non queren"

O alcalde de Vimianzo asegura que os concelleiros non adscritos non van ás comisións "porque non queren"

"Se non veñen ás comisións é porque non queren”, di hoxe o alcalde de Vimianzo sobre a participación dos concelleiros non adscritos ás Comisións Informativas. E o día tras asegurar que os invitou a participar nas mesmas, de Benestar Social e Promoción de Igualdade; Comisión de obras, urbanismo, medio ambiente e sostibilidade; Comisión de Réxime interior, seguridade, servizos e asuntos xerais; e Comiisón de Movementos migratorios, innovación e emprego. Sen embargo, os Concelleiros non adscritos non acudiron a ningunha destas reunións.

Asegura o alcalde vimiancñes que "foron varias as sesións plenarias nas que se debateu o asunto e cando non saíron adiante as propostas foi precisamente pola oposición boicoteadora dos concelleiros da oposición entre eles os non adscritos". E continúa denunciando que "xa vén sendo habitual que, por parte destes concelleiros, semana si e semana tamén, se presenten denuncias falsas baseadas en mentiras contra o Alcalde de Vimianzo nunha infame campaña de acoso e derribo a toda costa, mais os feitos son obxectivos e as mentiras quedan á luz e á vista da xente”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Grupo de Goberno de Vimianzo.

Comentarios