Doble pleno fallido en Vimianzo


Esperpénticas algunhas situacións no Concello de Vimianzo, dende a fractura entre o grupo censor e o grupo de goberno. O pasado mércores, os edís que presentaron a fallida moción de censura, presentábanse no salón de Plenos para un pleno que nunca tivo lugar. Segundo aseguraban, o pleno aprazado do luns tiña que levarse a cabo antes de 48 horas, polo que se prantaron no salón de plenos o mércores ás 10:00h.
Non acodiron os edís do grupo de goberno nin o socialista Miñones, polo que o pleno non se celebrou. O goberno vimiancés tiña convocado ese pleno para onte, mércores 25 de setembro, pero desta volta foron os edís non adscritos os que non se presentaron, polo que o pleno de novo non se volveu a efectuar por falta de quorum.
Novo pleno o sábado
Agora, o Concello de Vimianzo convocou o pleno para este sábado 28 de setembro ás 11:00h, nas que tratarán varios asuntos, entre eles os que se tiña pensado prantear no pleno non celebrado.Entre eles, a toma de posesión do concelleiro do BNG José Trillo Lema, a designación dos festivos locais do 2014, o inicio do expediente de investigación dos camiños do Ribeiro-Pasarela, a modificación de dúas ordenanza dos servizo municipal de axudo no fogar, e o recoñecemento da bonificación do 95% do ICIO. E como punto máis importante, a aprobación da Conta Xeral do 2012, que como nos conta o noso especialista en Economía Municipal Domingo Guerra, é fundamental.
Novas relacionadas
- A prórroga do orzamento municipal.
- O alcalde de Vimianzo asegura que os concelleiros non adscritos non van ás comisións “porque non queren”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).