Dous novos accidentes en Vimianzo e Carballo

10:17 04/02/25
Esta madrugada de luns a martes 4 de febreiro, arredor das 3:00h un vehículo sufría unha saída de vía na recta de Ogás, na entrada sur de Vimianzo.

Así mesmo, na tarde de onte luns, acontecía un accidente na Avenida da Milagrosa en Carballo. A colisión produciuse entre dous vehículos sen que ningunha persoa resultara ferida, quedando un dos automóbiles parado na estrada e perdendo líquido refrixerante. Os bombeiros procederon á retirada do vehículo e limpeza da vía. A policía local completou o servizo controlando o tráfico.