Dous positivos por coronavirus obrigan a pechar unha empresa cárnica de Vimianzo
20:01 06/08/20
Dous casos confirmados de coronavirus obrigou á empresa Produtos Cárnicos Domínguez a botar o peche cautelarmente.
Os 32 traballadores foron para as súas vivendas xa en corentena e esperan que ao longo deste venres se lles poidan facer os test PCR para ananizar o alcance do "brote".
Polo de pronto só son dous os casos positivos asintomáticos, que non necesitaron ingreso hospitalario, pero se descoñece a orixe.
O departamento de recursos humanos xa avisou á clientela mediante unha carta asegurando que fará todo o posible por manter a "calidade e a seguridade".