Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Dúas iniciativas universitarias con acento costeiro para erradicar o Acoso Escolar

Dúas iniciativas universitarias con acento costeiro para erradicar o Acoso Escolar
Os soneiráns Pablo Alvite e Sheila Rial son protagonistas de dúas iniciativas universitarias sobre o Acoso Escolar Os soneiráns Pablo Alvite e Sheila Rial son protagonistas de dúas iniciativas universitarias sobre o Acoso Escolar Parece que a sociedade galega está decidida a acabar co acoso escolar. Decidida a aceptalo, a combatilo, e a superalo. Xa coñecimos aos activistas do CEIP Gándara de Sofán, e hoxe descubrimos as iniciativas de dous estudantes universitarios da comarca de Soneira. Falamos da zaseira Sheila Rial, da Universidade de Santiago de Compostela, e do vimiancés Pablo Alvite, da Universidade da Coruña. Ambos están inmersos en sendos traballos de fin de grao co bullying como tema principal.

Proxecto Acoso Escolar: En primeira persoa

Sheila Rial Sheila Rial contou a súa experiencia en primeira persoa ao proxecto PMYPTMC así como á TVG Proxecto Acoso Escolar con Sheila Rial Con coñecemento de causa fala Sheila Rial dun problema tan arraigado como cruel. Esta estudante do último curso do grao de Ciencias Políticas e da Administración na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela está inmersa no seu Traballo de Fin de Grao que estou a realizar. Sheila sufriu durante anos o acoso escolar e agora, lonxe de agochalo, quere ensinalo para conseguir erradicalo. Por iso, ademais de colaborar co proxecto do seu veciño vimiancés (que agora contamos), está inmersa nun proxecto máis teórico, unha “investigación social-politolóxica, na cal se quere chegar a unha serie de obxectivos como son a observación e creación de datos sobre Acoso Escolar en Galicia entre os anos 2000 e a actualidade”, segundo nos explica. Sheila quere comprobar “a teoría de que a medida que avanzan os anos e os cursos académicos a conducta en niveles de intensidade de acoso escolar disminúe, pois eu creo nun principio que non é así, porque no ámbito Universitario, por mentira que pareza, tamén sucede isto”. O seu traballo tamén quere analizar “a evolución das vítimas e dos vitimarios, tanto en secuelas coma no transcurso da situación que viviron, para observar de primeira man e dar a coñecer como son os sentimentos nese momento, para que se poñan na pel as persoas que non son conscientes de como afecta este fenómeno, como actuaron as persoas que o viron, etc.”. Ademais, busca atopar formas efectivas realizadas en centros e institucions públicas “buscando saber se de verdade se actúa en consecuencia ou non coa importancia que se merece o tema”. ”É un tema moi importante para min polo feito de que eu xa o vivin durante dous anos da miña vida e sei o duro e o dificil que pode ser, tanto para un mesmo coma no ámbito familiar”, cóntanos a propia Sheila, que espera que “este traballo non quede nun mero proxecto de fin de carreira, senón que sexa o comezo dun grande proxecto de axuda e loita contra o Acoso Escolar”. Para iso pide colaboración de todos aqueles que queiran participar no seu estudo, cubrindo unha enquisa anónima e privada, que se realizarán os 29 de marzo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00h na Facultade de Ciencias Políticas da USC, e o 30 de marzo no mesmo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30h na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. Ou tamén a través do contacto [email protected]. Ademais, Sheila non ten problema en desprazarse polo que invita a calquera veciño da Costa da Morte a que se poña en contacto con ela para concertar unha cita en calquera lugar para unha entrevista privada e anónima.  

PMYPMC

pablo alvite_foto O vimiancés Pablo Alvite A propia Sheila pode que sexa unha das protagonistas do documental no que está a traballar Pablo Alvite, este vimiancés, que tamén forma parte de Lúcido: Diario de soños, estudante de Comunicación Audiovisual em Universidade da Coruña. Un proxecto máis visual no que a zaseira xa prestou a súa historia e que se chama Por mi y por todos mis compañeros. Pablo e compañía céntranse no “bullying emocional”, e queren crear unha campaña social co obxectivo de informar a pais e adolescentes sobre o acoso e saber detectalo e actuar sobre el. Para iso contan con un documental web interactivo con testimonios reais; unha curtometraxe para axudar aos que están pacedendo este problema e unha aplicación de movil que terá unha mensaxería directa con asociacións relacionadas con este tema para que os usuarios poidan plantexar dúbidas de forma anónima. Polo de agora están tendo unha participación moi positiva no castig. “Veu xente con casos moi similares aos que tiñamos pensado mostrar no documental. Pero a xente que falta por facer o casting tamén ha de ter casos interesantes, polo que vai ser difícil escoller”, cóntanos Pablo. “Tan pronto finalicemos o casting esta semana, escolleremos ás tres persoas que o protagonicen. Só nos quedaría preparar as localizacións e pequenos detalles técnicos. Así que para finais de abril, o documental debería estar gravado e montado”, cóntanos deixándonos con moitas gañas de velo.  

Un futuro común

Parece que son dous proxectos destinados a entenderse e fusionarse. Se Sheila xa ofreceu a súa historia para o PMYPMC, están traballando en novas para fusionar os proxectos de cara ao futuro, sendo como son polo de agora traballos de fin de grao de diferentes facultades e universidades. Pero unha vez que o entendemento entre as dúas iniciativas é máximo, e os obxectivos son claramente semellantes, aceptar, non sentir vergonza, combatir e erradicar esta enfermidade social.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios