Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A Escola de Música Moderna de Vimianzo celebrou o seu concerto anual

Clausura Escola Musica Moderna Vimianzo
A Escola de Música Moderna de Vimianzo celebrou o seu concerto anual

Arrincou esta fin de semana a serie de clausuras das escolas municipais. E fíxoo co concerto das alumnas e alumnos da Escola de Música Moderna, que deleitaron a todas as familias que non faltaron á cita no Auditorio da Casa da Cultura.

As nenas e nenos executaron temas míticos como o We will rock you da banda británica Queen, Quen Puidera Namorala, de Batallán ou o Bella Ciao. Asistiron as familias nun encontro que marcará o resto de clausuras.

A próxima, o vindeiro 27 de maio ás 21:00 horas, onde se darán cita a Escola de Música Tradicional Galega, Danza e Baile Tradicional.

Comentarios