Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os establecimentos de Vimianzo reciben os soportes de Gerca

Reparto de soportes de hidroxel
Noelia da tenda de roupa Ágabe Moda xa recolleu o seu kit de seguridade
Os establecimentos de Vimianzo reciben os soportes de Gerca

 O Concello de Vimianzo xa comezou a repartir os soportes de hidroxel e os ‘kits’ de material de protección para os establecementos abertos nesta fase 1. 

Son kits que parten do esforzo de adaptación da empresa vimiancesa Gerca, que realizou uns soportes, completados de xeito artesanal pol@s traballador@s municipais, coa identidade da torre do Castelo como imaxe principal. Ademais, dentro das caixas, apórtase xel, luvas e mascarillas para os propietarios que rexentan as tendas que permanecen abertas nesta fase do desescalamento. 


A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradécelle a GERCA “o seu traballo e a pronta adaptación ao contexto sanitario que estamos a vivir ”e asegurou que “desde o goberno continuaremos apostando polas empresas locais xa que é de agradecer a enorme iniciativa que está a ter o noso tecido empresarial, que de por si é moi forte”. 

Formulario

Desde o Consistorio, e a través da páxina web vimianzo.gal, implementouse un formulario web que recolle preguntas sobre economía e sanidade, para facer un varrido de ideas e completar posteriormente unhas bases coas que se coordinará o reparto cos establecementos.
 

Novas relacionadas

Comentarios