![Os maiores de Vimianzo de sendeirismo]()
O pasado sábado, 20 de agosto, o Concello de Vimianzo organizaba a I Xornada Campestre para maiores de cincuenta anos. Dende a organización califican a actividade de éxito rotundo.
Foron
máis de 150 sendeiristas de idades comprendidas entre os 50 e os 90 anos, os que participaron na ruta de sendeirismo que transcorreu entre os municipios de Vimianzo e Laxe.
Despois de percorrer os dez quilómetros, dirixíronse ata Castrobuxán, onde colleron folgos cun xantar que preparou o grupo de monitores do Concello de Vimianzo.
E para facer a dixestión non faltaron os bailes. Na cita estiveron presentes o tenente de alcalde, José Antonio Miñones, o concelleiro José Manuel Rodríguez Blanco e a responsable do evento, Monserrat Vázquez Miñones.
Tanto os participantes como os organizadores quedaron moi ledos coa experiencia, e agardan repetila o vindeiro ano.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Vimianzo.