Mércores. 25.05.2022
El tiempo

Éxito rotundo na xornada campestre de Vimianzo

Éxito rotundo na xornada campestre de Vimianzo
O pasado sábado, 20 de agosto, o Concello de Vimianzo organizaba a I Xornada Campestre para  maiores de cincuenta anos. Dende a organización califican a actividade de éxito rotundo. Foron máis de 150 sendeiristas de idades comprendidas entre os 50 e os 90 anos, os que participaron na ruta de sendeirismo que transcorreu entre os municipios de Vimianzo e Laxe. Despois de percorrer os dez quilómetros, dirixíronse ata Castrobuxán, onde colleron folgos cun xantar que preparou o grupo de monitores do Concello de Vimianzo. E para facer a dixestión non faltaron os bailes. Na cita estiveron presentes o tenente de alcalde, José Antonio Miñones, o concelleiro José Manuel Rodríguez Blanco e a responsable do evento, Monserrat Vázquez Miñones. Tanto os participantes como os organizadores quedaron moi ledos coa experiencia, e agardan repetila o vindeiro ano.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

comentarios