Sábado. 11.07.2020
El tiempo

Faite monitor de tempo de libre en Vimianzo

Faite monitor de tempo de libre en Vimianzo

O concello de Vimianzo abre o prazo de inscrición para un curso de monitor de tempo libre, homologado pola Xunta de Galicia, que o concello realizará en colaboración con Fesan Escola de Tempo Libre.

Trátase dun curso oficial de 350 horas, das cales 200 horas serán teóricas e as 150 restantes serán para a realización de prácticas. O custo do curso será 240,€ dos cales se lles descontarán 40,€ ás persoas que leven máis de un ano empadroadas no concello de Vimianzo e que se comprometan a realizar as prácticas no Departamento de Cultura.
Para máis información e inscrición pode dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Vimianzo (Casa da Cultura 981 71 72 88) ou a Fesan Escola de tempo libre (981 52 24 26). As prazas son limitadas e respectarase a orde de inscrición.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de VImianzo.

comentarios