Venres. 19.04.2024
El tiempo

Ferido tras botarse diante dunha patrulla da Garda Civil

Ferido tras botarse diante dunha patrulla da Garda Civil

Vello coñecido das forzas do orde, contan que non é estrano toparse con este veciño de Arou nunha estrada e ver como se che bota enriba coma un curioso e perigoso xeito de facer autostop. Esta mañá, arredor das 11:00h, volviuno intentar en Carantoña, Vimianzo, desta volta botándose diante dun coche da Garda Civil.

A patrulla non puido parar a tempo e o resultado foi que tivo que ser trasladado, consciente pero ferido, pola Ambulancia do 061.

No dispostivo participaron Protección Civil da vila, ademais dos Bombeiros de Cee, Garda Civil de Tráfico e Policía Local de Vimianzo.

Comentarios