As foliadas volven ás tabernas de Vimianzo co Ariete

14:24 15/03/24
Este sábado sábado 16 de marzo ás 20:30h, a Lareira de Vimianzo acolle unha nova Foliada artellada pola mocidade de O Ariente.
A celebración asistirán varios grupos da zona, en primeiro lugar tocarán as “Abaladeiras de Muxía”, acto seguido irá “Vaiche boa” e pechará a sesión de actuacións “Trubisquiña”. Non obstante, a noite non acabará aquí, pois co remate das actuacións dos grupos daremos paso a foliada libre na que quen queira poderá tocar e bailar. Contaremos tamén con comida vegana á venda.
Ao final da noite terá lugar o sorteo dunha pandeireta!