A Fundación Mujeres coida ás Coidadoras de Vimianzo
Interesantísimo proxecto o que lanzan o Concello de Vimianzo e a Fundación Mujeres: o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural (SAIC).
O obxectivo do programa é mellorar a calidade de vida das mulleres do municipio que son coidados non profesionais de persoas con dependencia. Porque a día de hoxe, e se cadra máis no rural os coidados de persoas dependentes seguen recaendo maioritariamente nas mulleres.
Así, o servizo, que será de balde, vaise a prestar os venres desde o día 4 de outubro até o 29 de novembro, en horario de 10:30 a 12:30 horas, na segunda planta do Concello de Vimianzo.
O programa de talleres abordará a xestión emocional desenvolvendo estratexias para identificar, expresar e xestionar as emocións de maneira saudable.
Traballarase tamén a xestión da culpa, abordando nas claves para aprender a xestionala. Outra das cuestións que se tratará será o fomento da autoestima, potenciando o empoderamento persoal para aprender a poñer límites, dando as ferramentas para dicir non ante demandas excesivas.