Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Gerca, no foco do proceso de renovación da FP en Galicia

Melani Lois de Gerca en Foro FP
Melani Lois (á esquerda), responsable de comunicación de Gerca, no foro
Gerca, no foco do proceso de renovación da FP en Galicia

Este pasado martes, o CIFP de Someso, na Coruña, acollía unha interesante xornada de posta en valor da formación dos ciclos de Formación Profesional. Un encontro territorial do Plan Conecta FP da Xunta para a área da Coruña e Costa da Morte na que participaron numerosos profesionais do sector do ensino, pero tamén do sector da empresa.

Destacaron que entre os concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carballo, Cee, Coristanco, Culleredo, Curtis, Oleiros, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas son un total de 13.818 alumnos os que decidiron cursar este curso un dos 293 ciclos ou másteres de FP ofertados, un 48% máis ca hai unha década.

Unha das ponentes foi Melani Lois, responsable do Departamento de Comunicación da empresa vimiancesa Gerca, unha das grandes pioneiras na comarca da posta en marcha de ciclos duais, moito máis prácticos e cunha inserción laboral moito máis directa, como nos contaban os propios alumn@s que acollen de prácticas.

Melani Lois de Gerca
Melani Lois de Gerca

Na súa intervención, Lois destacou a aposta polas “acreditacións de competencias” que se están facendo na empresa vimiancesa. “Xa fixemos, por iniciativa de Germán Lema Mouzo, dúas tandadas de acreditacións. Germán xa leva moito tempo co posto no benestar e sentimento de realización dos traballadores, e esta é unha forma máis de agradecer, acreditar e poñer en valor o crecimento que tiveron os traballadores dentro de Gerca, pois moitos chegaron sen experiencia ou sen titulación, e agora xa son grandes profgesionais, oficiais de primeira, con grandes capacidades e coñecimentos no sector“, explica Lois. “Con iso, dámoslle a titulación que lle corresponde ao que saben á experiencia adquirida”, sinalou apuntando que a empresa ten “pensado facer máis procesos de acreditación de forma periódica”.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios